miércoles, 27 de febrero de 2013

O VERÁN



Estación do ano comprendida entre xuño xullo e agosto, ocorre entre a primaveira e o outono , caracterizada porque os días son mais largos e as noites máis cortas.

A maioría das persoas pasamos todo o ano contando os días que faltan para que chegue o verán.

Eses días que os pasamos fora da casa, ao sol , cos nosos amigos , con apenas preocupacións.
Días nos que non existen horarios, nos que non tes noción do tempo ata chegar a un punto que non sabes nin que día é.
Días nos que os teus deberes son pasalo ben.
Para min o veran é a mellor época do ano sin dúbida algunha.
Só con ver o sol eu xa son feliz ,faime sentir ben.
Pasas de estar cansado, de madrugar ,de ir a clase ,de estudar.. a estar cansado de facer tantas cousas.
Ir a praia , a piscina , ao rio e algunha das actividades que se fan no verán.
Amin sinceramente a parte de esas tamén me encanta andar pola miña aldea cos meus amigos toda a tarde .
Tamén no verán moita xente que pode vaise de vacacións , a vivir o verán doutra maneira , noutro lugar .
Parece que aínda era onte Agosto e xa estamos en Febreiro, que rápido pasan os días , pero iso tamén significa que este verán cada vez está máis cerca.
Para min o verán do 2012 foi un dos mellores xunto co do 2010 , e espero que o de este ano supere aos dous.
No verán tamen hai moitas festas , porsuposto as mellores . 
Están as da miña aldea , que anque sexan pequenas e só esteamos os coñecidos son nas que mellor as paso , bailando coa miña xente , e o mellor de todo coa casa delado.
Despois outras das mellores na miña opinión son as de Pazos.
Pero non todo é festa e noite , os días do verán son maravillosos , a praia sobretodo é o mellor , poñerse moreno e non separarse da túa xente.
Faltan aproximadamente 105 días para que nos dean as vacacións de verán , que ganas porfavor ! 
E a miña pregunta é : Son a única que desea que comece o verán?

3 comentarios: