jueves, 28 de febrero de 2013

TEMPUS FUGIT

A vida.
Que é a vida?
Con esta palabra podémonos referir ao paso do tempo entre o nacemento e a morte dun organismo.
Hai xente que cree en outra vida despois da morte , de que esta só é unha etapa , é un camiño , e despois alcanzamos a que é a vida real.
Na miña opinión eu penso que moita xente se refuxia nestas creenzas para vivir a morte dunha maneira menos dura.
Porque ver que algún ser querido se afasta do noso lado , e unha das peores sensacións deste mundo .
Sintes rabia , non o crees , sintes que todo e tan irreal , fai tan pouco estabas con esa persoa , e agora nunca máis a volverás a ver , nin abrazar , nin bicar , nin poder rirte con ela.
Estás en shock , todo pasa tan rápido , non sabes que facer , non sabes que decir , non sabes nin cómo actuar.
E o que acabas facendo sempre é o mismo , rompes a chorar , sintes tanta impotencia dentro de ti ...
Non é xusto , claro que non o é , pero é o proceso natural da vida.
Nacemos para logo morrer.

miércoles, 27 de febrero de 2013

O VERÁN



Estación do ano comprendida entre xuño xullo e agosto, ocorre entre a primaveira e o outono , caracterizada porque os días son mais largos e as noites máis cortas.

A maioría das persoas pasamos todo o ano contando os días que faltan para que chegue o verán.

Eses días que os pasamos fora da casa, ao sol , cos nosos amigos , con apenas preocupacións.
Días nos que non existen horarios, nos que non tes noción do tempo ata chegar a un punto que non sabes nin que día é.
Días nos que os teus deberes son pasalo ben.
Para min o veran é a mellor época do ano sin dúbida algunha.
Só con ver o sol eu xa son feliz ,faime sentir ben.
Pasas de estar cansado, de madrugar ,de ir a clase ,de estudar.. a estar cansado de facer tantas cousas.
Ir a praia , a piscina , ao rio e algunha das actividades que se fan no verán.
Amin sinceramente a parte de esas tamén me encanta andar pola miña aldea cos meus amigos toda a tarde .
Tamén no verán moita xente que pode vaise de vacacións , a vivir o verán doutra maneira , noutro lugar .
Parece que aínda era onte Agosto e xa estamos en Febreiro, que rápido pasan os días , pero iso tamén significa que este verán cada vez está máis cerca.
Para min o verán do 2012 foi un dos mellores xunto co do 2010 , e espero que o de este ano supere aos dous.
No verán tamen hai moitas festas , porsuposto as mellores . 
Están as da miña aldea , que anque sexan pequenas e só esteamos os coñecidos son nas que mellor as paso , bailando coa miña xente , e o mellor de todo coa casa delado.
Despois outras das mellores na miña opinión son as de Pazos.
Pero non todo é festa e noite , os días do verán son maravillosos , a praia sobretodo é o mellor , poñerse moreno e non separarse da túa xente.
Faltan aproximadamente 105 días para que nos dean as vacacións de verán , que ganas porfavor ! 
E a miña pregunta é : Son a única que desea que comece o verán?

lunes, 25 de febrero de 2013

PRESENTACIÓN

Son unha rapaza de 16 anos que vive nunha pequena parte de Rois e estuda 1º de bacharelato no I.E.S Macias o Namorado.
O que vou intentar facer con este blog vai ser reflexionar cada semana de un tema distinto.
Dar o meu punto de vista , a miña opinión , a miña crítica.
Non todo o mundo pensa igual , tampouco somos todos iguais , cada persoa ten unha forma de ver as cousas.
Tamén temos unha forma distinta de actuar sobre determinadas situacións , algunhas veces actuamos de maneira correcta e outras veces actuamos dunha mala maneira.
Non somos perfectos , somos humanos ,e polo tanto cometemos erros.
Non se pode xudgar a ninguén pola súa maneira de actuar , porque a maioría das veces só coñecemos os erros das persoas non os motivos dos seus erros.