Reflexións
jueves, 14 de marzo de 2013
miércoles, 13 de marzo de 2013
NOTICIA
Pois hoxe falarei sobre unha noticia e vai ser sobre Inditex.
"Inditex gana un 22% más en el año 2012 pese a la crisis"
Ao rematar o 2012 Inditex logrou un beneficio neto de 2.361 millóns de de euros,eso supón unha mellora do 22% con respecto ao ano anterior. Isto é unha boa noticia para Amancio Ortega , xa que parece que a crisis a el non lle afecta.
A firma téxtil rematou o seu ano fiscal con 6.009 establecementos en 86 países , sumando 482 aperturas netas.
España concentrou o 21% da facturación frente ao 25% que representaba un ano antes , mentras que en Asia elevou o seu peso dun 18% a un 20% , América do 12% ao 14%e Europa(excluíndo España) mantúvose nun 45%.
A superficie de ventas de Inditex aumentou dun 11'4% o ano pasado con un total de 3.161.448 de metros cadrados , repartidos entre todas as tendas do grupo.
Amancio Ortega ten pensado aumentar o espazo comercial este ano 2013, ten previsto abrir entre 440 e 480 tendas máis que foron aseguradas contractualmente.
lunes, 11 de marzo de 2013
jueves, 7 de marzo de 2013
SEMANA SANTA
Faltan dúas semanas aproximandamente e respiraremos tranquilos , uns máis que outros claro está.
Pero estas semanas que índa nos quedan no instituto , son as peores .
Estamos de exames , traballos etc ata arriba.
Non nos chega o tempo para nada .
Algúns vanse alegrar ao ver as súas notas , outros (eu incluída) non tanto.
Pero bueno deixemos o tema dos exames a parte.
A semana santa creo que a todos nos gusta polo feito da pascua , non polas historias da relixión. Pero tampouco vou falar sobre a relixión , xa que amin tanto me ten , cada un que crea o que queira , está no seu dereito.
A pascua está para pasalo ben , para estar cos nosos amigos.
Hai a xente que lle gustan as atraccións , outros no , a pascua está pa facer moitas cousas.
Sobre todo gústame polo feito de ter vacacións e poder sentirse un pouco máis libre do que me sentía .
A parte os de 1º de Bachiller despois da pascua e antes da pascuilla imos de excursión a Atapuerca iso quere decir máis tempo sen clase , así que teño moitas ganas de que chegue esta pascua.
E agora déixovos unha canción que me anima moito e me entran as ganas de festa ao escoitala .
jueves, 28 de febrero de 2013
TEMPUS FUGIT
A vida.
Que é a vida?
Con esta palabra podémonos referir ao paso do tempo entre o nacemento e a morte dun organismo.
Hai xente que cree en outra vida despois da morte , de que esta só é unha etapa , é un camiño , e despois alcanzamos a que é a vida real.
Na miña opinión eu penso que moita xente se refuxia nestas creenzas para vivir a morte dunha maneira menos dura.
Porque ver que algún ser querido se afasta do noso lado , e unha das peores sensacións deste mundo .
Sintes rabia , non o crees , sintes que todo e tan irreal , fai tan pouco estabas con esa persoa , e agora nunca máis a volverás a ver , nin abrazar , nin bicar , nin poder rirte con ela.
Estás en shock , todo pasa tan rápido , non sabes que facer , non sabes que decir , non sabes nin cómo actuar.
E o que acabas facendo sempre é o mismo , rompes a chorar , sintes tanta impotencia dentro de ti ...
Non é xusto , claro que non o é , pero é o proceso natural da vida.
Nacemos para logo morrer.

miércoles, 27 de febrero de 2013
O VERÁN
Estación do ano comprendida entre xuño xullo e agosto, ocorre entre a primaveira e o outono , caracterizada porque os días son mais largos e as noites máis cortas.
A maioría das persoas pasamos todo o ano contando os días que faltan para que chegue o verán.
Eses días que os pasamos fora da casa, ao sol , cos nosos amigos , con apenas preocupacións.
Días nos que non existen horarios, nos que non tes noción do tempo ata chegar a un punto que non sabes nin que día é.
Días nos que os teus deberes son pasalo ben.
Para min o veran é a mellor época do ano sin dúbida algunha.
Só con ver o sol eu xa son feliz ,faime sentir ben.
Pasas de estar cansado, de madrugar ,de ir a clase ,de estudar.. a estar cansado de facer tantas cousas.
Ir a praia , a piscina , ao rio e algunha das actividades que se fan no verán.
Amin sinceramente a parte de esas tamén me encanta andar pola miña aldea cos meus amigos toda a tarde .
Tamén no verán moita xente que pode vaise de vacacións , a vivir o verán doutra maneira , noutro lugar .
Parece que aínda era onte Agosto e xa estamos en Febreiro, que rápido pasan os días , pero iso tamén significa que este verán cada vez está máis cerca.
Para min o verán do 2012 foi un dos mellores xunto co do 2010 , e espero que o de este ano supere aos dous.
No verán tamen hai moitas festas , porsuposto as mellores .
Están as da miña aldea , que anque sexan pequenas e só esteamos os coñecidos son nas que mellor as paso , bailando coa miña xente , e o mellor de todo coa casa delado.
Despois outras das mellores na miña opinión son as de Pazos.
Pero non todo é festa e noite , os días do verán son maravillosos , a praia sobretodo é o mellor , poñerse moreno e non separarse da túa xente.
Faltan aproximadamente 105 días para que nos dean as vacacións de verán , que ganas porfavor !
E a miña pregunta é : Son a única que desea que comece o verán?
lunes, 25 de febrero de 2013
PRESENTACIÓN
Son unha rapaza de 16 anos que vive nunha pequena parte de Rois e estuda 1º de bacharelato no I.E.S Macias o Namorado.
O que vou intentar facer con este blog vai ser reflexionar cada semana de un tema distinto.
Dar o meu punto de vista , a miña opinión , a miña crítica.
Non todo o mundo pensa igual , tampouco somos todos iguais , cada persoa ten unha forma de ver as cousas.
Tamén temos unha forma distinta de actuar sobre determinadas situacións , algunhas veces actuamos de maneira correcta e outras veces actuamos dunha mala maneira.
Non somos perfectos , somos humanos ,e polo tanto cometemos erros.
Non se pode xudgar a ninguén pola súa maneira de actuar , porque a maioría das veces só coñecemos os erros das persoas non os motivos dos seus erros.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)